Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50146

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 13 de novembro de 2019 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Mediante a Orde do 30 de xaneiro de 2017 (DOG do 8 de febreiro), fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o consello social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do consello social o/a reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o ou a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal da administración de servizos, elixidos/as polo consello de goberno das universidades.

O artigo 77.3 da citada Lei 6/2013 establece que a representación dos intereses sociais no consello social corresponde a personalidades da vida cultural, profesional, económica, laboral ou social, entre eles seis membros designados polo Parlamento de Galicia.

A condición de persoa membro do consello social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desta data.

Con data do 3 de outubro de 2019 o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela comunica á Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a renuncia dos membros do consello social designados polo Parlamento de Galicia, Xerardo Estévez Fernández e Juan Luis Castro Rodríguez.

O Parlamento de Galicia remite certificación do Pleno do Parlamento celebrado o 22 de outubro de 2019 pola que designa a Ramón Medina González-Redondo e Rosa Blanca Rodríguez Gutiérrez membros do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

De acordo co establecido no artigo 78 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, xúntase declaración xurada de compatibilidade dos novos membros do consello social.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do consello social seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear a Ramón Medina González-Redondo e Rosa Blanca Rodríguez Gutiérrez membros do Consello Social da Universidad de Santiago de Compostela designados polo Parlamento de Galicia, en substitución de Xerardo Estévez Fernández e Juan Luis Castro Rodríguez.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional