Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Martes, 26 de novembro de 2019 Páx. 50314

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2019 pola que se corrixen erros da Resolución do 4 de novembro de 2019 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza da escala técnica superior (subescala microscopía) vacante na relación de postos de traballo do persoal funcionario desta universidade.

Detectado erro na Resolución de 4 de novembro de 2019, Diario Oficial de Galicia do 13 de novembro, pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza da escala técnica superior (subescala microscopía) vacante na relación de postos de traballo do persoal funcionario desta universidade, procédese á súa corrección emendando a omisión segundo os seguintes termos:

Na base 2, requisitos dos candidatos, número 2.1 engádese o punto C.1) Estar en posesión da acreditación do nivel C1 de idiomas preferentemente inglés segundo o Marco común europeo de referencia das linguas, e acreditar experiencia e coñecementos no deseño do mantemento, manipulación, posta a punto e establecemento das condicións de operación dos equipos da Unidade de Microscopía. Previsión de funxibles.

Esta corrección dá lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes de 20 días hábiles que contarán a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de novembro de 2019

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña