Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2019/123-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela nº 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: reforma e repotenciación LMT Budiño-Eirís.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: reforma e repotenciación da liña de media tensión Budiño-Eirís en dous tramos. Primeiro tramo: liña de media tensión aérea a 20 kV con condutor LA-110 de 385 metros lonxitude, con orixe no apoio nº 22 existente e final no apoio nº 8 existente. Segundo tramo: liña de media tensión subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 255 metros de lonxitude, con orixe no apoio nº 8 existente e final no CT Budiño-Eirís. As instalacións están situadas no lugar de Eirís, na parroquia de San Salvador de Budiño, no concello do Porriño (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en toda as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 14 de novembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra