Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 27 de novembro de 2019 Páx. 50825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación para a delimitación do solo de núcleo rural da Verea, no concello de Toén (expediente 2019AAE2359; código 2229/2019).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 14 de novembro de 2019, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación para a delimitación do solo de núcleo rural da Verea, no concello de Toén.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático