Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 51018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 15 de novembro de 2019, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle e outórgaselle audiencia ao titular do establecemento que no anexo se menciona, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a visita da inspección comprobouse que no establecemento que se relaciona no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.

Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio do establecemento relacionado no anexo.

O que se notifica ao titular do establecemento referido no dito anexo, para que no prazo de 15 días poida efectuar as alegacións que xulgue pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na área provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.

Pontevedra, 15 de novembro de 2019

O/a xefe/a da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
P.S. (Resolución do 29.3.2019)
María José Echevarría Moreno
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Establecemento

Signatura

Titular

Domicilio

Concello

Bao

V-PO-000767

Ángel González García

Lugar O Vao, s/n, Coruxo

Vigo

Federico

V-PO-001868

Federico Fernández Pérez

Rúa Generales, Canido

Vigo

La Posada del Mar

V-PO-004551

Jaime Viéitez Rodríguez

Playa de Canidos, s/n

Vigo

Las Rosas

V-PO-001735

José Aldao Prada

Lugar Canido, San Miguel de Oia

Vigo