Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 51036

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2019/X999/001395).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 21 de outubro de 2019, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa para obter os terreos do sistema xeral de equipamentos SX-EQ4, previsto no Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para a ampliación do cemiterio municipal de Carballo, polo procedemento de taxación conxunta, segundo o documento redactado pola entidade Estudio Técnico Gallego, S.A. e asinado polos técnicos Isidro López Yáñez (arq. col. 2261 COAG) e Beatriz Blanco Lois (enx. téc. agrícola, col. 1909).

A relación de bens e dereitos afectados polo expediente expropiatorio é a seguinte:

Relación de bens e dereitos afectados

Nº predio

Titular

Ref. catastral

Clasificación urbanística

Situación básica

Destino

Sup. total (m²)

Sup. afectada pleno dominio (m²)

Outros bens e dereitos afectados

1

Vázquez Pallas, Fernando (hdros.)

15019A065000160000IJ

Solo rústico

Rural

Monte

23.884,00

3.265,00

2

Eiris Varela, Constantino (hdros.)

15019A065000160000IJ

15019A065000170000IE

Solo rústico

Rural

Monte

1.913,00

980,00

980,00

Arboredo (carballeira) m²

O que se somete a información pública por un prazo dun mes en cumprimento dos artigos 118.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 293.3 do Regulamento da Lei do solo, co fin de que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, requíreselle aos titulares dos bens e dereitos afectados para que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios e advírteselles que este anuncio serve de notificación en caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñezca o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas.

O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na oficina técnica municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do concello no seguinte enlace:

http://carballo.org/media/documentos/07112019_expropiacion_cemiterio.pdf  

Carballo, 8 de novembro de 2019

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde