Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 28 de novembro de 2019 Páx. 51039

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da resolución da fase de resultas da convocatoria de postos de traballo por concurso ordinario C.E. 1/18.

Por Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno local do 18 de novembro de 2019, resolveuse o siguiente:

Primeiro. Resolver a fase de resultas da convocatoria pública para a provisión por concurso ordinario de méritos de postos de traballo vacantes no Concello da Coruña, aprobada por Resolución do concelleiro delegado de Economía, Facenda e Réxime Interior con data do 13.9.2019 (RES/AYT/12183/2019).

Segundo. Adxudicar ás persoas que se relacionan no anexo que se xunta os postos de traballo que se indican, de conformidade coa relación de postos de traballo aprobada por Acordo de Xunta de Goberno local do 25.8.2017 (BOP do 31 de agosto).

Terceiro. Para todos os efectos, o prazo de posesión considerarase como de servizo activo, e os efectos económicos e administrativos no novo destino comezarán desde a data de cesamento no de procedencia.

O cesamento no destino actual do persoal que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando se finalicen os permisos ou licenzas, que, se é o caso, fosen concedidas ao citado persoal. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. Publicar a presente proposta no Diario Oficial de Galicia, no xestor de contidos Alfresco e na páxina web municipal.

A Coruña, 19 de novembro de 2019

A Xunta de Goberno local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior

ANEXO

Posto

Unidade oganizativa

Servizo

Nome

0160-Auxiliar de Atención Tributaria

GT5000-Información e Rexistro Franxa

Xestión Tributaria

Igualada Sañudo, Marta

0190-Asistente de Administración

PE4000-Apoio á Xefatura de Persoal

Persoal

López Balboa, Mª Ángeles

0268-Asistente de Administración

CT1000-Contratos

Contratación

Martínez Lago, Santiago

0446-Asistente de Administración

DJ1100-Xestión Administrativa Deportes

Deportes

Campos Lois, Esther

1676-Asistente de Administración

UR2400-Patrimonio Urbano

Planeamento e Xestión

Vilameá Pérez, Mª Pilar

1751-Xefe de Unidade

MU4000-Apoio Administrativo de Mobilidade Urbana

Mobilidade Urbana

Lorenzo Carregal, Matilde

1941-Asistente de Administración

IT0000-Interior e Atención Cidadá

Interior e Atención Cidadá

González Sanromán, Modesto

1957-Auxiliar de Atención Cidadá

IT2210-Atención Cidadá

Interior e Atención Cidadá

Porvén Díaz, Miguel