Aprobada inicialmente a modificación puntual número 1 do Plan xeral de ordenación municipal de Petín (Ourense), polo Acordo do Pleno do 10.10.2019, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello [enderezo https:// petin. sedelectronica.gal].
Petín, 16 de outubro de 2019
Raquel María Bautista Carballo
Alcaldesa