Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Muxía I, no concello de Muxía (expediente IN661A 2004/9-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 19 de novembro de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN661A 2004/9-1.
Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.
Denominación da instalación: parque eólico Muxía I.
Concello: Muxía.
Predio |
Concello |
Titularidade proposta |
Núm. depósito |
Importe |
503 |
Muxía |
Caridad Louzán Rodríguez |
1106/19 |
151,99 € |