De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle, a través do Boletín Oficial del Estado, á persoa citada no anexo a resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.
Para o coñecemento íntegro da resolución, emprázase a persoa interesada por sí ou a través do seu representante legal para que no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborais das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses, desde o día seguinte á notificación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Vigo, 7 de novembro de 2019
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expediente: 2011/20-36.
DNI: 35464701N.
Acto que se notifica: Resolución administrativa do 13 de setembro de 2019.
Efectos xurídicos que produce a resolución: deixar sen efecto a medida administrativa e o recurso.