De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.
Os actos foron adoptados pola xefa territorial e polo instrutor.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2,-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 18 de novembro de 2019
Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
Acto adoptado por |
CO-RES-2018-0208 |
Arcindo Santiago Pinto |
Apercibimento |
Xefa territorial |
CO-RES-2018-0220 |
Manuel Martínez García |
Apercibimento |
Xefa territorial |
CO-RES-2019-123 |
Avelino Ares García |
Proposta de resolución |
Instrutor |
CO-RES-2019-143 |
José Antonio Alcalde Santos |
Acordo inicio |
Xefa territorial |
CO-RES-2019-147 |
Carlos Manuel Varela Novo |
Acordo inicio |
Xefa territorial |
CO-RES-2019-149 |
Carlos Manuel Varela Novo |
Acordo inicio |
Xefa territorial |