O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 27 de setembro de 2019, resolución ordenando a inmediata suspensión das obras realizadas en suelo rústico consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía de nave, paralizada e sen rematar, que unicamente conta coas fachadas executadas en bloque de formigón e que carece de cuberta, situadas no lugar do Chao, no termo municipal de Muras, provincia de Lugo.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María Dolores Esther Guerreiro Requejo, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2019
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística