Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 29 de novembro de 2019 Páx. 51197

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 15 de novembro de 2019 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convocan a concurso público prazas de profesor contratado doutor.

Unha vez publicada a oferta de emprego público para o ano 2019 por Resolución do 8 de abril de 2019 e a oferta de emprego público para o ano 2017 mediante Resolución do 7 de xuño de 2017.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril); na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro); na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de profesorado contratado doutor, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría fai público que mediante a Resolución do 15 de novembro de 2019 se convoca un concurso para a provisión das seguintes prazas de profesor contratado doutor:

Oferta de Emprego Público ano 2017: 1 praza.

Oferta de Emprego Público ano 2019: 1 praza.

Oferta de emprego público ano 2019: 1 praza con reserva para persoal investigador doutor de programas de excelencia nacionais ou internacionais que obtivesen o certificado I3.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pódese consultar no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de novembro de 2019

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Alberto Valderruten Vidal
Vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente