Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51396

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 212, do 7 de novembro de 2019, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 47876, onde di:

«I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir tres (3) prazas, na categoría 002 do grupo I, titulada/o superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2017 e 2018 segundo o que se detalla no anexo IV desta convocatoria e que se indican a continuación:

– Oferta de emprego público do exercicio 2017, aprobada polo Decreto 124/2017, do 30 de novembro (DOG núm. 234, do 12 de decembro): dúas (2) prazas de consolidación de persoal laboral».

Debe dicir:

«I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir dúas (2) prazas, na categoría 002 do grupo I, titulada/o superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2017 e 2018 segundo o que se detalla no anexo IV desta convocatoria e que se indican a continuación:

– Oferta de emprego público do exercicio 2017, aprobada polo Decreto 124/2017, do 30 de novembro (DOG núm. 234, do 12 de decembro): unha (1) praza de consolidación de persoal laboral».

Na páxina 47889, onde di:

«II.2.2. Permanencia na categoría.

Por cada cinco anos de prestación de servizos continuados e ininterrompidos na categoría 002 do grupo I de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia: 2 puntos».

Debe dicir:

«II.2.2. Permanencia na categoría.

Por cada cinco anos de prestación de servizos continuados e ininterrompidos na categoría 002 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia: 2 puntos».

Na páxina 47902, onde di:

«ANEXO IV

Proceso de consolidación do persoal indefinido non fixo

Código do posto

Denominación

Grupo

Categoría

PSC993010136001004

Titulada/o superior médico

I

002

SAC030000115770100

Titulada/o superior médico

I

002

SAC030000315770052

Titulada/o superior médico

I

002»

Debe dicir:

«ANEXO IV

Proceso de consolidación do persoal indefinido non fixo

Código do posto

Denominación

Grupo

Categoría

SAC030000115770100

Titulada/o superior médico

I

002

SAC030000315770052

Titulada/o superior médico

I

002»