Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 2 de decembro de 2019 Páx. 51488

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de inicio de caducidade dos dereitos mineiros da autorización de aproveitamento da sección A) Áridos de Villagarcía número 189, da provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE (Boletín Oficial del Estado), para comparecer, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias da Sección de Minas da Xefatura Provincial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 20 de novembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada

Acto notificado

Áridos de Villagarcía, S.L.

Inicio do expediente de caducidade dos dereitos mineiros da autorización do aproveitamento da sección A) denominada Áridos de Villagarcía nº 189