Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 3 de decembro de 2019 Páx. 51580

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (SS 174/2014).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 174/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Gómez Martínez contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega, Mutua Universal, Mutua Fremap, Carpintería Metálica Tecre, S.L., Isalcor Valga, S.L., Atesvi, S.L. e os administradores concursais Javier López Romero e Sociedad Profesional Torres Díaz, Sanjurjo y Barral, S.L.P., se acordou citar a Isalcor Valga, S.L., en paradoiro descoñecido, para que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n; polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, o día 9 de decembro de 2019, ás 10.15 horas, co fin de celebrar o acto de xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Isalcor Valga, S.L., así como para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios, expido esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza