Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 3 de decembro de 2019 Páx. 51617

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 20 de novembro de 2019 polo que se lles notifica ás persoas interesadas a resolución ditada en relación co procedemento de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

O procedemento de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia está regulado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, modificado polo Decreto 35/2017, do 30 de marzo.

O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolucións relativas aos expedientes de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia das persoas interesadas que se indican no anexo.

Intentada por dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polas persoas interesadas para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude deste anuncio notifícalles ás persoas interesadas que se indican no anexo a resolución antes citada.

As persoas interesadas poden recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer as persoas interesadas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que as persoas interesadas comparezan, un recurso de alzada, ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 20 de novembro de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Erik Villar Pérez.

Acto notificado: declaración de desistencia da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Sección ou seccións do rexistro: espazos acuáticos naturais.