Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 3 de decembro de 2019 Páx. 51555

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo unitario nos corpos da policía local, categoría de policía, quenda de acceso libre, convocado pola Orde do 31 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 19 de xuño) pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

Na sesión que tivo lugar o día 25 de novembro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 30 de setembro de 2019 (DOG núm. 195, do 14 de outubro) acordou:

Primeiro. O cuarto exercicio deste proceso selectivo, correspondente ás probas psicotécnicas, realizarase na sede da Agasp, sita na rúa da Cultura, s/n, 36680, A Estrada (Pontevedra).

A primeira parte desta proba, consistente na realización dunha proba de intelixencia e personalidade, levarase a cabo o día 9 de decembro de 2019, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

A segunda parte desta proba, consistente na contestación a un cuestionario formulado verbalmente, comezará a realizarse a partir do día 16 de decembro de 2019; a través da páxina web da Agasp (www.agasp.xunta.gal) informarase das quendas, horarios e datas de chamamento.

Segundo. Á realización desta proba son convocadas as persoas que figuran como aptas no anexo I da resolución deste tribunal, do 25 de novembro de 2019, relacionada coas cualificacións da terceira proba deste proceso selectivo.

Terceiro. As persoas aspirantes que teñan que realizar a dita proba deberán ir provistas do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

A Estrada, 26 de novembro de 2019

Alejandro Tuero González
Presidente do tribunal