Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Mércores, 4 de decembro de 2019 Páx. 51806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, 51, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistido da súa petición.

Pontevedra, 21 de novembro de 2019

A xefa territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 136/2019, do 10 de outubro; DOG núm. 208)
Beatriz Muíños Grajal
Xefa do Servizo de Planificación, Aseguramento e Ordenación Sanitaria

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data requirimento

25108

Y7013236K

15.10.2019

25264

Y7137265B

16.10.2019

25270

Y7137291Z

16.10.2019

25339

X8448148H

27.9.2019

25825

EV6564304

2.10.2019

26036

118478892

2.10.2019

26053

Y7188077Q

22.10.2019

26331

AU159963 (representante AU144873)

3.10.2019

26406

FX853502 (representante FV040922)

11.10.2019

26412

AAE749428

4.10.2019

26912

Y7054243L

24.10.2019

29190

A02291250

13.9.2019