Por orde desta consellería do 1 de outubro de 2019 (DOG núm. 196, do 15 de outubro) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de persoal directivo na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.
De conformidade co establecido no artigo 36 do Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,
DISPOÑO:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por orde desta consellería do 1 de outubro de 2019 (DOG núm. 196, do 15 de outubro).
Segundo. Vista a proposta realizada polo Consello Reitor da Axencia en sesión do 19 de novembro de 2019, seleccionar, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo desta orde, para os efectos de que se proceda á súa vinculación mediante contrato laboral de alta dirección.
Terceiro. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2019
Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade
ANEXO
Posto: director/a da Área de Desenvolvemento e Innovación Sanitaria.
Nome e apelidos: José María Romero Fidalgo.
DNI (*): ***9410**.
* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.