Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 52006

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2019, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública do 15 de setembro para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de diversos postos de xefatura de persoal de xestión e servizos.

Convocada por Resolución CM-02/2018, do 15 de setembro (DOG nº 207, do 23 de outubro), a provisión de diversos postos de xefatura de persoal de xestión e servizos, polo sistema de concurso de méritos, esta Xerencia de Área Sanitaria, á vista das solicitudes e méritos acreditados polas/os aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de diversos postos de xefatura de persoal de xestión e servizos, realizada mediante Resolución CM-02/2018, do 15 de setembro (DOG nº 207, do 23 de outubro).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas relacionadas no anexo á presente resolución.

Terceiro. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 21 de novembro de 2019

Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO

1. Posto de traballo: Xefatura de Sección de Soporte.

Nome e apelidos: Luisa Cagiao Hernandorena.

DNI: ***1312**.

2. Posto de traballo: Xefatura de Sección de Expediente/PAT.

Nome e apelidos: M. Josefa Estraviz Vilariño.

DNI: ***5996**.

3. Posto de traballo: Xefatura de Sección de Mantemento.

Nome e apelidos: deserto.

4. Posto de traballo: Xefatura de Sección de Persoal.

Nome e apelidos: Amanda Gómez Costa.

DNI: ***7740**.

5. Posto de traballo: Xefatura de Sección de Nóminas.

Nome e apelidos: Isabel Seco Espada.

DNI: ***5024**.

6. Posto de traballo: Xefatura de Sección de Recursos e Reclamacións.

Nome e apelidos: Natalia Lema Fernández.

DNI: ***5692**.

7. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Servizos Xerais.

Nome e apelidos: Mercedes Manso Fernández.

DNI: ***6983**.

8. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Mantemento.

Nome e apelidos: Ana Brañas Ferreira.

DNI: ***5841**.

9. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Lavandaría.

Nome e apelidos: Juan Francisco Martín Pozo.

DNI: ***5572**.

10. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Nóminas B.

Nome e apelidos: Ángel Martínez Moreno.

DNI: ***5458**.

11. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Persoal.

Nome e apelidos: Remedios Iglesias López.

DNI: ***3312**.

12. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Persoal.

Nome e apelidos: Luz Vérez Ferreiro.

DNI: ***0532**.

13. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Nóminas A.

Nome e apelidos: María Saavedra Marante.

DNI: ***3553**.

14. Posto de traballo: Xefatura de Grupo de Expediente/PAT.

Nome e apelidos: Mercé García Casal.

DNI: ***4731**.