En cumprimento do disposto no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública o proxecto de explotación e o plan de restauración da autorización de explotación de recursos da sección A) denominada Penas do Cal número 46, situada no termo municipal da Pastoriza da provincia de Lugo.
O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación e o plan de restauración se atopa dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, e no portal da dita consellería (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á xefa territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Lugo, 12 de novembro de 2019
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo