Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 52040

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social número 2019/77.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a seguir se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador por infracción na orde social (materia relacións laborais), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor un recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

A interesada, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Advírteselle que de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, procederase á execución pola vía de prema, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 23 de novembro de 2001.

Expediente: 2019/77 (Acta de infracción I272019000012562).

Data da resolución: 14 de novembro de 2019.

Empresa: A Peroxa Rábade, S.L.

Enderezo: avda. Coruña, 54, baixo, 27370 Rábade (Lugo).

Lugo, 22 de novembro de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo