Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 51837

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 26 de novembro de 2019 pola que se conceden os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2018/19, convocados pola Orde do 26 de xuño de 2019.

Mediante a Orde do 26 de xuño de 2019 convócanse os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, correspondentes ao curso 2018/19 (DOG do 10 de xullo). No artigo 14 a citada orde establece que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita pola comisión de selección á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia que recollerá a relación de códigos alfanuméricos dos premiados.

Vista a proposta feita pola comisión de selección, por proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, de acordo co establecido no artigo 14.2 da orde de convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal, correspondentes ao curso 2018/19, aos alumnos e alumnas que figuran na seguinte relación:

Código persoal do/da alumno/a

Cód. centro

Centro estudos

U2SWWZPC

36020374

IES Valadares

7TSWTIUQ

15027851

IES Plurilingüe A Cachada

SOPWD3M6

27004465

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar

AE7WWSOH

15025530

IES da Pobra do Caramiñal

O3G28BCE

32008513

CPR Plurilingüe Santa Teresa de Jesús

M3DKA45Z

36011142

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

PNK7UCUY

15027654

IES Agra de Leborís

MLUKTMUD

15027851

IES Plurilingüe A Cachada

ZKADJ4PC

15015861

IES Eduardo Pondal

KY9BMSLS

27006437

CPR Plurilingüe San José

GRZENRRZ

32016339

IES de Allariz

OPVQHXEV

27015967

CPI Uxío Novoneira

GSDBGYGN

32008707

CPR Plurilingüe La Purísima

5UUD5ORP

15026421

IES Plurilingüe Rafael Dieste

PCNJAVZB

36020374

IES Valadares

IWRBAAHY

15027952

IES Miraflores

SQTYUNHL

32016339

IES de Allariz

GO8MZLOI

15023405

CPI A Xunqueira

PYP39WVM

36020374

IES Valadares

M5CTNVSI

36020350

IES Plurilingüe Pintor Colmeiro

Segundo. Cada alumno ou alumna premiados recibirá 750 € que se farán efectivos con cargo á partida orzamentaria 10.20.423A.480.1 dos orzamentos do ano 2019.

Terceiro. Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional