Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 5 de decembro de 2019 Páx. 51916

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2019 pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 78, do 21 de abril), esta dirección xeral

DISPÓN:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 27 de setembro de 2019 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (códigos de procedemento PR473A e PR472A) (DOG núm. 191, do 8 de outubro).

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos, con indicación de causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Composición do tribunal cualificador.

O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros:

Tribunal titular:

Presidenta: Mónica María Castro Pérez.

Secretario: Roberto Pérez Fonte.

Vogais:

Ana Purificación Otero Ferreiro.

Jesús Lata Buceta.

Marco Antonio Freire Serén.

Tribunal suplente:

Presidente: Luis Castedo Balsa.

Secretario: Ramón Freire Priegue.

Vogais:

Montserrat Bolívar Chinchilla.

José Ramón Viñas Diz.

Constantino Grandío Rivas.

O réxime xurídico aplicable ao tribunal cualificador será o que establece para os órganos colexiados a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Desenvolvemento das probas:

Convocarase aos/as aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización da proba, que terá lugar o próximo día 12 de decembro na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, A Estrada.

Proba psicolóxica:

Ás 12.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como bolígrafo de cor azul.

A Estrada, 4 de decembro de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Excluídos renovación

Nome

Clave

Dur - Bozoanca -, Gheorghe

1

Konate, Mamadou

1

Montana, Emmanuel Federico

1

Niang, Abdou Aziz

1

Opare, Gabriel

1

Santos Bóveda, Juan Carlos

2

Código

Descrición

1

Debe solicitar o seu certificado de penais de maneira presencial

2

Non achega fotografías tamaño carné