Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2019015AL-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 11 de outubro de 2019, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense ditou a resolución do expediente sancionador 2019015AL-OU, incoado á entidade titular do CIF B32474744 e enderezo na avenida Luis Espada, 56 de Verín (Ourense).

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle á entidade titular do CIF B32474744 o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen o artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

As administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto tamén poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a data da publicación, e realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 25 de novembro de 2019

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2019015AL-OU.

DNI/NIF/CIF: B32474744.

Último enderezo coñecido: avenida Luis Espada, 56, Verín (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Lei 17/2011, do 5 de xullo de 2011.

Artigo 51.1.10, artigo 51.1.11.

Sanción proposta: seiscentos euros (600 €).