Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 9 de decembro de 2019 Páx. 52243

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 29 de novembro de 2019 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola cal se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en adiante LOU; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, no uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve proceder ao anuncio da convocatoria de concurso público na seguinte categoría:

LA1902. Lista agarda (anexo).

A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio Exeria-servizos centrais, Campus Universitario-Vigo) e nos rexistros auxiliares dos Campus de Ourense (edificio administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, rúa Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando «emprego» e logo «concursos de profesorado». Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente xunto cos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 29 de novembro de 2019

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Datos das prazas

Praza nº 1.

Referencia:

LA1902-T03-495-PI-TP-01

Corpo/categoría:

profesor/a contratado/a interino/a

Área de coñecemento:

enxeñaría aeroespacial

Departamento:

Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

C

Perfil/docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 2.

Referencia:

LA1902-T03-545-PI-TP-01

Corpo/categoría:

profesor/a contratado/a interino/a

Área de coñecemento:

enxeñería mecánica

Departamento:

Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

A

Perfil/docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 3.

Referencia:

LA1902-T06-505-PI-TP-01

Corpo/categoría:

profesor/a contratado/a interino/a

Área de coñecemento:

enxeñ. cartográf., xeodés. e fotogramet.

Departamento:

Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

A

Perfil/docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 4.

Referencia:

LA1902-X01-730-PI-TP-01

Corpo/categoría:

profesor/a contratado/a interino/a

Área de coñecemento:

psicoloxía básica

Departamento:

Análise e Intervención Psicosocioeducativa

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

B

Perfil/docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 5.

Referencia:

LA1902-X02-381-PI-TP-01

Corpo/categoría:

profesor/a contratado/a interino/a

Área de coñecemento:

filosofía do dereito

Departamento:

Dereito Privado

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

C

Perfil/docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 6.

Referencia:

LA1902-X03-125-PI-TP-01

Corpo/categoría:

profesor/a contratado/a interino/a

Área de coñecemento:

dereito administrativo

Departamento:

Dereito Público

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

B

Perfil/docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 7.

Referencia:

LA1902-X04-215-PI-TP-01

Corpo/categoría:

profesor/a contratado/a interino/a

Área de coñecemento:

didáctica e organización escolar

Departamento:

Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

B

Perfil/docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 8.

Referencia:

LA1902-X04-625-PI-TP-01

Corpo/categoría:

profesor/a contratado/a interino/a

Área de coñecemento:

métodos de inves. e diagnóst. en educación

Departamento:

Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

B

Perfil/docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 9.

Referencia:

LA1902-X05-187-PI-TP-01

Corpo/categoría:

profesor/a contratado/a interino/a

Área de coñecemento:

didáctica da expresión corporal

Departamento:

Didácticas Especiais

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

C

Perfil/docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 10.

Referencia:

LA1902-X05-189-PI-TP-01

Corpo/categoría:

profesor/a contratado/a interino/a

Área de coñecemento:

didáctica da expresión musical

Departamento:

Didácticas Especiais

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

B

Perfil/docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 11.

Referencia:

LA1902-X05-210-PI-TP-01

Corpo/categoría:

profesor/a contratado/a interino/a

Área de coñecemento:

didáctica das ciencias sociais

Departamento:

Didácticas Especiais

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

C

Perfil/docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 12.

Referencia:

LA1902-X14-105-PI-TP-01

Corpo/categoría:

profesor/a contratado/a interino/a

Área de coñecemento:

comunicación audiovisual e publicidade

Departamento:

Comunicación Audiovisual e Publicidade

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

B

Perfil/docencia:

o perfil correspóndese con materias da área