Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52413

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 27 de novembro de 2019, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 e 82 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común e das administracións públicas, do 1 de outubro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante visita da Inspección, da Área Provincial de Turismo de Ourense, comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta xefatura territorial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos, para que, no prazo de 15 días, poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contido nel, na Área Provincial de Turismo de Ourense.

Ourense, 27 de novembro de 2019

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Establecemento: Pensión Marbella H-OR-558.

Titular: Mª Estrella Núñez Fernández.

Enderezo: r/ Miguel de Cervantes, 32.

Concello: Vilamartín de Valdeorras.

Establecemento: Restaurante Marbella R-OR-707.

Titular: Mª Estrella Núñez Fernández.

Enderezo: r/ Miguel de Cervantes, 32.

Concello: Vilamartín de Valdeorras.