Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 26 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación industrial no concello de Padrón.

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 3 de outubro de 2019, aprobouse definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de Aluminios Cortizo para ampliación e mellora das súas instalacións sitas en Estramundi (Padrón) e se declarou a utilidade pública das obras e instalacións proxectadas para os efectos expropiatorios.

Aluminios Cortizo, S.A.U., con enderezo no lugar de Estramundi, s/n, 15910 Padrón, A Coruña, como entidade beneficiaria, solicitou o inicio do procedemento expropiatorio polo trámite de urxencia, que regula o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, así como o sinalamento de data para o acto de levantamento das actas previas á ocupación.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 16 de xaneiro de 2020 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables ou de imposición de servidume contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución, así como no taboleiro de edictos do concello de Padrón, acto a que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual en que se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A Coruña, 26 de novembro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

anexo

Relación de bens e dereitos afectados

Predio

Referencia catastral

Titular

Superficie que se expropia (m2)

1

7039107NH2374S0001PB

Herdeiros de Francisco Agrasar Fernández

2.502,00

2

7039159NH2374S0001ZB

CVMMC Estramundi

22.640,65