Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 13 de novembro de 2019, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador en materia de transporte terrestre (expediente LU-01728-O-2019).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación do expediente sancionador LU-01728-O-2019 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o acordo de incoación ditado á persoa interesada.

É informada de que o expediente sancionador está á súa disposición na oficina do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outorgáselle un prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegar o que considere conveniente e presentar ou propoñer as probas que considere oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 13 de novembro de 2019

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-01728-O-2019

8319-BRX

X9577886L

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

7.10.2019; 8.00.00; LU-11; 0,0

Artigo 140.1 da LOTT

Artigo 141.25 da LOTT

Artigo 143.1.k) da LOTT

Artigo 143.1.f) da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT

801 euros