Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 10 de decembro de 2019 Páx. 52431

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia - 061

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a de servizo de Docencia e Investigación convocado mediante a Resolución do 27 de xuño de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 138, do 22 de xullo).

Convocada pola Resolución do 27 de xuño de 2019 (DOG nº 138, do 22 de xullo), a provisión do posto de xefe/a de servizo de Docencia e Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, polo sistema de avaliación colexiada, esta fundación, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, a dirección da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de servizo de Docencia e Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, convocada pola Resolución do 27 de xuño de 2019 (DOG nº 138, do 22 de xullo).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada do interesado os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, nos termos establecidos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 27 de novembro de 2019

José Flores Arias
Director da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a de servizo de Docencia e Investigación da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Nome e apelidos: José Antonio Iglesias Vázquez.

DNI: (*) ***6939**.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.