Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Adalberto Cataño Zapata contra María Victoria Mera Gómez, Bienvenido Manuel Mera Gómez, Café L´Incontro, S.C. e Café L´Incontro, C.B., en reclamación por despedimento, rexistrado como despedimento/cesamentos en xeral 696/2019, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Café L´Incontro, S.C. e Café L´Incontro, C.B., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 3 de febreiro de 2020, ás 9.30 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.
Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistidas de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, poñerán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.
E para que sirva de citación a Café L´Incontro, S.C. e Café L´Incontro, C.B., expídese o presente edicto para a súa publicación en Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.
Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2019
A letrada da Administración de xustiza


