Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52635

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 47/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Manuel Pose Suárez contra Logística Trami Trucks, S.L. e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 47/2019, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Logística Trami Trucks, S.L., en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 29 de xaneiro de 2020, ás 10.30 e ás 10.40 horas, respectivamente, na planta baixa, sala 3, edificio na rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso xuízo, aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que se encontra ao seu dispor na oficina xudicial deste xulgado a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Logística Trami Trucks, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza