Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 11 de decembro de 2019 Páx. 52616

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira)

EDICTO (PO 7462/2019).

Procedemento: procedemento ordinario 7462/2019

Sobre acción administrativa e acto administrativo

De Antonio Miguens López

Avogado: José Manuel Constenla Sanmartín

Procuradora: María Sanmartín Ruzo

Contra Consellería do Medio Rural

Avogado: letrado da Comunidade

No presente órgano xudicial a procuradora María Sanmartín Ruzo interpuxo recurso contencioso-administrativo, en nome e representación de Antonio Miguens López, fronte á Consellería do Medio Rural, contra a Resolución da Consellería do Medio Rural do 26 de agosto de 2019 que desestima o recurso de alzada interposto contra outra do director xeral de Desenvolvemento Rural do 6 de xullo de 2017, que desestimaba a solicitude de modificación do acordo de concentración parcelaria de zona de monte Val de Vea, sector II (A Estrada-Pontevedra).

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación de 18.11.2019 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade co dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 18 de novembro de 2019

María Luisa Díaz Sánchez
Letrada da Administración de xustiza