Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 12 de decembro de 2019 Páx. 52819

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 456/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fai saber que no procedemento PO 456/2019, seguido por instancia de Vladimir Petrov Gyoshev contra Juan José Ruzo Cruz, con intervención do Fogasa, sobre reclamación de conceptos salariais, se ditou a Sentenza número 573/2019, do 14 de novembro, en que se estima a demanda, contra a cal cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Juan José Ruzo Cruz, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza