Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (interesados), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese, de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 22 de novembro de 2019
Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
Parte contraria notificada |
Resolución notificada |
PR204A 2019/3559-2 |
Raquel Alberta Caballero López |
Denegación do dereito |
PR204A 2019/3675-2 |
Rodi Consultores, S.L. |
Denegación do dereito |
PR204A 2019/3926-2 |
Héctor Méndez Fernández |
Recoñecemento do dereito |
PR204A 2019/3931-2 |
María Teresa Pin Díaz |
Recoñecemento do dereito |
PR204A 2019/3940-2 |
Sofía Otero da Silva |
Denegación do dereito |
PR204A 2019/3942-2 |
Marcos da Silva |
Denegación do dereito |
PR204A 2019/4036-2 |
Alfonso Zubizarreta Gutiérrez |
Recoñecemento do dereito |
PR204A 2019/4099-2 |
Ramón Montoya Romero |
Recoñecemento do dereito |
PR204A 2019/4268-2 |
Anyelo de Jesús de Jesús |
Recoñecemento do dereito |
PR204A 2019/4272-2 |
Roberto Montero Novo |
Recoñecemento do dereito |