Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 12 de decembro de 2019 Páx. 52822

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (SSS 240/2017).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento seguridade social 240/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap, mutua colaboradora coa Seguridade Social nº 61, contra Pebosa, S.A. Unipersonal, Teempal, S.L., Pizarras Pimarja, S.L., Cubiertas y Pizarras del Sil, S.L., Pizarras de Quiroga, S.A., Ramón Lago Castro, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolvo.

Estimar a demanda interposta por Fremap e declarar a repartición na prestación de incapacidade permanente de Ramón Lago Castro, acordada na Resolución do 18.11.2016 e con efectos económicos desde o día 17.11.2016, da seguinte forma:

– Fremap nun 36,92 %.

– INSS e TXSS nun 63,08 %.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que deberá resolver a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberase anunciar ante este xulgado, mediante escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberá xuntarse o documento que acredite o ingreso de 300 euros, como depósito para recorrer, no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0240-17, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes deles, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condenase ao pagamento dunha cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-0240-17, a cantidade obxecto da condena. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberase dirixir á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario “Xulgado do Social número 1 de Lugo” e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Expídase testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Teempal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 20 de novembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza