Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 13 de decembro de 2019 Páx. 53033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, co procedemento abreviado 335/2019.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, tramítase o recurso 335/2019 (procedemento abreviado), interposto por Digno Javier Souto Mariño fronte á Resolución do 17 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: farmacéutico/a de Atención Primaria) (DOG núm. 183, do 26 de setembro).

O recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de formación.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove (9) días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos