Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 13 de decembro de 2019 Páx. 53050

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de protección do xacemento da Atalaia (San Cibrao).

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do día 20 de novembro de 2019, aprobou inicialmente o Plan especial de protección do xacemento da Atalaia (San Cibrao, Cervo, Lugo).

En cumprimento do disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente á información pública polo prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser examinado na Secretaría do Concello de Cervo, así como na sede electrónica deste concello (http://cervo.sedelectronica.es).

Durante o período de información pública quedará o expediente a disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do Plan especial de protección do xacemento da Atalaia comporta a suspensión do outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

As áreas afectadas son as seguintes parcelas con referencia catastral:

6000714PJ2460S0001XX, 6100017PJ2460S0001DX, 6100015PJ2460S0001KX, 6100003PJ2460S0001YX, 6100001PJ2460S0001AX, 27013A001099940000RO, 6100005PJ2460S0001QX   e    6100006PJ2460S0001PX.

Cervo, 22 de novembro de 2019

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde