De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante esta cédula a herdeiros de Mercedes Vázquez Fernández o Acordo do 26 de setembro de 2019 que fixa o prezo xusto do predio número 22a, sito en Dumbría, relativo ao proxecto 01836 (expediente 2019/000551), cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.
3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2019
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o cal se expropia: 01836 mellora na seguridade viaria na DP 3402 de Bustelo a Caberta por Salgueiros p.q. 1,320 a 2,010. TM Dumbría.
Nº de expediente: 2019/000551.
Persoa que se vai notificar: herdeiros de Mercedes Vázquez Fernández.
Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.
Expropiado: herdeiros de Mercedes Vázquez Fernández.
Beneficiario: Deputación Provincial da Coruña.
Predio nº: 22a.
Concello: Dumbría.
Provincia: A Coruña.
Valoración da resolución do Xurado: 10.509,22 €.