Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 16 de decembro de 2019 Páx. 53272

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 3 de decembro de 2019 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 de la Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) de la citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se detalla no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios ou funcionarias que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse á Consellería de Facenda e pódense presentar no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), ou nas oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán achegar coa petición un currículo e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.

Quinto. No caso de resultar seleccionado para ocupar o posto de traballo persoal funcionario doutras administracións públicas, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, considerándose neste sentido de non se emitir no prazo de quince (15) días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta administración, procederase a adxudicarlle o posto para o cal se lle seleccionou.

Se no prazo de dous meses, a partir da publicación da resolución no DOG, o/a funcionario/a seleccionado/a non se pode incorporar ao posto de traballo por non se atopar resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto o posto e procederase de novo á súa provisión.

Sexto. Esta convocatoria resolverase pola Consellería de Facenda. A resolución publicarase no DOG e, se se considera oportuno, poderá declararse deserto o posto.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante publicada no Diario Oficial de Galicia. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Denominación: secretario/a director/a xeral.

Código do posto: FCC060000015770001.

Nivel: 18.

Complemento específico: 6.842,92 €.

Subgrupo: C1/C2.

Corpo ou escala: xeral.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios da Administración da Xunta de Galicia, Administración do Estado, Administración de comunidades autónomas.

Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral da Función Pública.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file