Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 16 de decembro de 2019 Páx. 53266

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT300A).

BDNS (Identif.): 485503.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán solicitar as axudas as asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, legalmente constituídas, e que teñan como obxecto principal o desenvolvemento de accións relacionadas co Camiño de Santiago e a peregrinación xacobea.

Segundo. Obxecto e réxime

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago e a aqueloutras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, co obxecto de fomentar a súa estabilidade e consolidación, como entidades imprescindibles no fomento da peregrinación xacobea, na acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago e na promoción da cultura xacobea (código de procedemento CT300A).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 3 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT300A).

Cuarto. Importe

Estas subvencións imputaranse á aplicación orzamentaria 11.A2.761A.781.0, proxecto 2015 00005, cun crédito de 100.000 €, 50.000 € para cada unha das liñas establecidas no artigo anterior, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, de conformidade co disposto no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Sexto. Prazo de xustificación da subvención

O prazo para a xustificación da subvención será ata o 31 de outubro de 2020.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2019

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia