Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 16 de decembro de 2019 Páx. 53308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2019/124-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.U.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela nº 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: reforma e repotenciación LMT Picoña, tramo Picoña-A a Picoña-C.

Situación: Salceda de Caselas.

Características técnicas: liña de media tensión aérea de 20 kV con condutor LA-110 e lonxitude de 635 metros desde o apoio nº 24 C-4500/22 existente da LMTA S. Xurxo-Picoña ata o apoio nº 28 proxectado xunto ao CT Picoña. Liña de media tensión aérea de 20 kV con condutor RHZ e lonxitude de 30 metros desde o apoio nº 28 ao CT Picoña-C. As instalacións están situadas nos lugares de Ataúde e Pedrapinta, na parroquia da Picoña, no concello de Salceda de Caselas (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condición establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente en dereito.

Pontevedra, 14 de novembro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra