Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 16 de decembro de 2019 Páx. 53199

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2019 pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á poboación para a redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento AU100A).

O 24 de xuño de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 28 de maio de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ás entidades locais responsables de sistemas de abastecemento á poboación para a redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento AU100A).

O 14 de outubro de 2019 a dirección de Augas de Galicia, por delegación da presidencia de Augas de Galicia, ditou resolución de concesión de axudas.

As axudas fináncianse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

De conformidade co previsto nos artigos 13 e 25 da Resolución do 28 de maio de 2019, xa citada,

RESOLVO:

Facer pública no Diario Oficial de Galicia, nas páxinas web oficiais de Augas de Galicia e da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a relación das entidades beneficiarias e do importe das axudas concedidas.

No cadro anexo constan o detalle das solicitudes a que se lles concedeu a axuda solicitada e o importe da axuda concedida.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2019

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Detalle de axudas concedidas ao abeiro
da Resolución do 28 de maio de 2019

Entidade solicitante

Importe da axuda

Concello de Baños de Molgas

12.051,60 €

Concello de Coles

12.000,00 €

Concello de Carnota

13.842,40 €

Concello de Cabana de Bergantiños

14.520,00 €

Concello da Teixeira

14.320,00 €

Concello de Xunqueira de Espadanedo

14.326,40 €

Concello de Lobeira

9.825,20 €

Concello de Petín

9.825,20 €

Concello de Manzaneda

9.825,20 €

Concello da Veiga

15.000,00 €

Concello do Bolo

15.000,00 €

Concello de Verea

15.000,00 €

Concello de Moeche

4.356,00 €

Concello de Rubiá

9.825,20 €

Concello de Muíños

12.051,60 €

Concello de Portomarín

8.053,92 €

Concello de Bande

15.000,00 €

Concello do Vicedo

12.000,00 €

Concello de Vilamartín de Valdeorras

12.051,60 €

Concello de Avión

9.825,20 €