A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Turismo xustifícase como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Procede a publicación de toda a relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Turismo polo cambio de código dos postos con motivo da aprobación da nova estrutura orgánica regulada polo Decreto 163/2018, do 13 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo (DOG núm. 243, do 21 de decembro).
Esta publicación non modifica a aplicación dos criterios dos postos de traballo que foron clasificados de libre designación mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2013 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 93, do 16 de maio).
En consecuencia, por proposta da Consellería de Cultura e Turismo, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 28 de novembro de 2019, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Turismo, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 28 de novembro de 2019, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Cultura e Turismo, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2019
O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública