Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 17 de decembro de 2019 Páx. 53447

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2019 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar os días 20, 27 de novembro e 3 de decembro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG número 137, do 19 de xullo), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anular as preguntas número 16, 20, 25, 39 e 98. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva número 121, 122, 123, 124 e 125.

Segundo. Modificar o modelo de respostas e asinar como resposta correcta da pregunta número 7 a correspondente á primeira opción, de xeito que pasa da resposta b) á a).

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será preciso obter un mínimo de 10 puntos. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal o día 16 de outubro de 2019 en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o primeiro exercicio as persoas aspirantes presentadas que obtiveran un mínimo de sesenta (60) respostas correctas, unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un terzo dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. Asignarase a valoración de 10 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 10 e os 20 puntos, proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Quinto. Feita a corrección na sesión do día 3 de decembro de 2019, e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de 10 aspirantes.

Sexto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información, subgrupo A1, no lugar onde se realizou a proba, e no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal.

Sétimo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Octavo. Segundo a base II.1.1.3 os documentos que xustifiquen as exencións do terceiro exercicio (orixinais ou fotocopias cotexadas) deberán ser presentados polas persoas aspirantes que superen o primeiro exercicio e que non figuren na listaxe publicada pola Dirección Xeral de Función Pública no portal web corporativo, funcionpublica.xunta.gal, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Noveno. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2019

Juan Gómez Duaso
Presidente do tribunal