Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 17 de decembro de 2019 Páx. 53513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de novembro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dun parque de cultivos mariños situado na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 8 de novembro de 2019 autorizouse a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela núm. 773 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 888,77 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa.

Antiga titular: María Baúlo González.

Novo titular: Prudencio González Vázquez (***6671**).

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas da anterior.

Vigo, 11 de novembro de 2019

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo