Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 17 de decembro de 2019 Páx. 53464

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 395/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 395/2017 por instancia de Gumersindo Iglesias Rodríguez contra Hornos Sandepan, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, nos cales se ditou sentenza o 19 de novembro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Desestímase a demanda interposta por Gumersindo Iglesias Rodríguez fronte á empresa Gumersindo Iglesias Rodríguez e, en consecuencia, absólvese Hornos Sandepan, S.L. das pretensións fronte a el exercidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Hornos Sandepan, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 26 de novembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza