Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 17 de decembro de 2019 Páx. 53452

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2019 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de concurso, e se publican as puntuacións obtidas polas persoas admitidas.

Con data do 19 de xuño de 2019, o DOG fixo pública a Orde do 31 de maio de 2019 pola que se convocaba o proceso selectivo unitario para o ingreso nos corpos de policía local, categoría de policía, quenda de concurso, cuxo obxecto é a cobertura de 26 prazas de policía local nos concellos que se enumeraban na citada orde.

Con data do 26 de xuño de 2019, o BOE publicou o anuncio da devandita convocatoria e abriu o prazo de presentación de solicitudes, rematado este e de acordo co establecido no número 4 da referida Orde do 31 de maio, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG núm. 115, do 19 de xuño), quenda de concurso.

A listaxe de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal.

A listaxe de persoas excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A listaxe das persoas admitidas coas puntuacións outorgadas segundo a documentación presentada pode consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal, e disporase dun prazo de cinco (5) días hábiles para realizar as alegacións que se consideren precisas.

A Estrada, 9 de decembro de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe de persoas excluídas

Apelidos

Nome

Causa da exclusión

Acuña Alvariña

Ana Belén

1

Candal Miranda

José Ramón

2

Caramés Nogueira

José

1, 2

Carreira Quintela

Sebastián

2

De Fusco Goyanes

Salvatore

2

Galdón Couto

Manuel Vicente

2

Jato Díaz

Pablo

2

Rincón Bueno

Alberto

2

Rodríguez Martínez

José Manuel

2

Souto López

José Igor

1

Varela Tourís

Carlos

2

Causas da exclusión

1

Non presenta relación de méritos segundo o establecido na convocatoria

2

Supera a idade máxima