Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 18 de decembro de 2019 Páx. 53614

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 4 de decembro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, polo que se notifica un acordo.

O tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, adoptou o 19.6.2019 un acordo sobre a reclamación que o aspirante que consta no anexo presentou contra a súa puntuación no primeiro exercicio do proceso selectivo.

Intentada a notificación persoal do acordo por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no expediente, o servizo de Correos non devolveu xustificante ningún relativo á práctica da notificación.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázase o aspirante para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse na Dirección Xeral da Función Pública no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. A Dirección Xeral da Función Pública atópase no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).

O aspirante poderá comparecer entre as 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acordo obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2019

Xosé Inacio Palomanes Rodríguez
Presidente do tribunal

ANEXO

Aspirante

Acto que se notifica

Alfonso Redondo Ballines

Acordo sobre reclamación contra a puntuación do primeiro exercicio